Acceso



Benvidos o portal Independente de Mazaricos
Por que atacan tanto o BNG? PDF Imprimir Enviar
Cousas nosas - Cousas nosas
Escrito por Mazaricos   
Xoves 22 de Xulio de 2010 11:00

 

diablo

 

Xosé Mexuto


Hai unha forma tópica e convencional de responder á pregunta que dá título a este artigo: está na natureza das cousas que unha forza política sexa atacada polos seus adversarios. De acordo, mais aquí non se trata de saber por que se ataca o BNG, senón de estabelecermos porque se ataca “tanto”.

E asegúrovos que a pregunta non se fai desde nengunha posición defensiva, senón desde a pura obxectivación da realidade e do mapa político galego. E nese sentido a evidencia empírica é incontestábel: o BNG é moito máis atacado que as demais forzas políticas do arco parlamentar. Será que o BNG é máis ruín, máis susceptíbel de merecer desaprobación, zunia ou desafecto? Será que as outras forzas políticas, val dicir, os partidos de obediencia española, son, pola contra, modelos de virtude e, por tanto, só susceptíbeis de seren albo das inevitábeis críticas sectarias?

Eu son nacionalista, así que aquí non milito na neutralidade e podo anticipar unha tripla resposta á pregunta de por que se ataca tanto o BNG. É por estas razóns: por ser unha forza política nacionalista, anti-imperialista e democrática. Esa tríada de elementos –defensa do pobo propio, dun mundo baseado nas relacións en pé de igualdade e da participación das clases populares nos asuntos públicos– é absolutamente indixeríbel para aqueles que detentan o poder no capitalismo real. Vexamos por que.

manifestacion

  Defensa do pobo propio. Para comezar, os pobos non existen, de acordo co pensamento liberal-hexemónico. Existen só os individuos e os Estados-Nación. Os pobos son un estorvo para o proceso de concentración-acumulación do capital. Foi así no século XIX, cando se produciu a unificación do mercado-España, e é así no século XXI, cando se produce a unificación do mercado-UE. Os Estados-Nación (un Estado, unha Nación) si son funcionais, como represores da diversidade nacional que neles se conteñen.

O BNG é, por tanto, obxectivo preferente de aqueles que se lucran coa reprodución ad nauseam dun statu quo uniformizador e hierarquizador, segundo o principio marxista do desenvolvemento desigual e combinado do capitalismo (a transferencia de riqueza sempre é da periferia cara ao norte, das clases populares cara ao capital).

Defensa dun mundo baseado nas relacións en pé de igualdade. Isto é un anatema para aqueles que parten dunha ideoloxía depredadora. A única lei que impera é a da selva. A lei non é igual para todos porque non hai igualdade nen pode habela baixo o capitalismo real. Non só o imperio esmaga a legalidade cando ataca Iraque, tamén o fan todos os días as súas terminais de Rabat e Tel Aviv cando oprimen a saharianos e palestinos. Os que aceptan mansamente este estado de cousas son obviamente adversarios do nacionalismo galego. Aquí a censura xoga un papel estelar: xa se sabe que o pobo galego non pode ter unha opinión propia sobre o que pasa no mundo.

Participación das clases populares nos asuntos públicos. Ou sexa, democracia. A democracia, mesmo a formal, está a ser violada permanentemente polos oligarcas financeiros. Historicamente o capital só aceptou a versión elitista da democracia. No momento en que as contradicións do sistema se agudizan, os reflexos autoritarios e antipopulares automatízanse. O pobo non pode ser o que máis ordena. O pobo non entende de macroeconomía. O pobo hai que poñelo a traballar (ben, non a todo, hai que deixar no paro sempre a miles de persoas para que estean dispostas a venderen a súa forza de traballo a un prezo máis baixo). Os autoritarios e os oligarcas atacan despiadadamente o BNG, non vaia ser que o seu exemplo se espalle.

bandeiramanifestacion

   Nacionalismo, anti-imperialismo e democracia son os trazos definitorios da ideoloxía das e dos patriotas galegos desde Rosalía até o noso tempo. Fronte a iso, téñense situado fenómenos ideolóxicos de todo tipo, desde as diversas variantes do fascismo até o dereitismo españolista pasando polo cosmopolitismo globalizador, todos eles unidos por un elo común: a negación de Galiza como pobo, o elitismo antidemocrático, a aceptación do imperio e a subordinación da política aos intereses oligárquicos.

En Galiza, en suma, a dialéctica real dáse entre unha forza política xenuinamente democrática e un bipartidismo español que é a estrutura política da clase dominante. A democracia só interesa aos dominados. Os dominantes non queren submeter a votación o fin da súa hexemonía. Nese sentido, interesa moito ver como determinados sectores atacaron despiadadamente o recente proceso interno de escolla de candidaturas municipais nas cidades por parte do BNG. Se o PP dixitaliza desde un órgano provincial o seu candidato en Oleiros –e portanto as afiliadas e os afiliados dese partido nese concello se enteran do nomeamento pola imprensa–, o pensamento convencional nen se inmuta: o proxecto elitista é así. Se o PSOE anuncia desde Madrid o seu candidato para as eleccións galegas de 2013 xa a 3 anos vista, o pensamento convencional nen arquea as cellas: a democracia é un engorro, un artefacto antidiluviano. O moderno, o funcional, o que lle acae ben á sensibilidade e o funcionamento dos mercados financeiros é a designación dos candidatos, non a súa elección. Desígnanse polo mesmo procedimento que se nomea a un conselleiro delegado. Se non hai democracia nas empresas do IBEX-35, por que había de habela nos partidos que xestionan os intereses desas compañías?

O problema, por tanto, é o BNG. Molesta porque é alternativo, porque a súa propia existencia lembra que non é necesario que as forzas políticas funcionen como as grandes corporacións financeiras. Demonicémolo pois. Onde hai debate digamos que hai confrontación. Se hai contraste digamos que hai división. E sobre todo digamos que non funciona, que ten unha tara, que hai que refundalo. Non, non o capitalismo, que agora Sarkozy xa recuou. Non, eles refírense ao BNG. Digamos que non se adapta ás necesidades e demandas cambiantes da sociedade. Convertamos o BNG no problema de Galiza. O problema non é termos un goberno inane e sen ideas en Santiago e un Executivo en Madrid que funciona como unha sucursal do Bundesbank. Non, o problema é o BNG e o seu frentismo, e o seu asemblearismo e o seu debate...

A democracia é sempre máis complexa de xestionar que a plutocracia, que é o modelo ao que o capitalismo maduro nos quer abocar. Pero tamén é moito máis edificante e, ao medio e longo prazo, socialmente máis eficiente e, desde logo, igualitaria. Na plutocracia manda o diñeiro e a política é só representación teatral. Na democracia o pobo ten a última palabra. Así é no BNG, pobo galego politicamente organizado. Por iso os plutócratas –sexan dereitistas de toda a vida, sexan cosmopolistas de retórica progre e práctica neoliberal– disparan toda a súa artillaría contra o nacionalismo galego. Porque o ven como un perigo certo para a súa hexemonía. Porque detectan nel un corpo estraño, inasimilábel.

Aqueles que acreditamos que o nacionalismo non é o problema, senón a solución, debemos, pois, afortalar o BNG e reforzarmos a unidade entre nós, que é xusto o que a inmensa maioría dos galegos potencialmente afectos ao nacionalismo están a agardar.

quintanazapatero

  O BNG só incomoda aos poderosos porque é a antítese do seu proxecto de dominación. Todos aqueles que non son xenuflexos ante os oligarcas están, pois, obxectivamente interesados en que o BNG avance.

Por que atacan tanto o BNG? Recapitulemos: porque defende o nacionalismo, o anti-imperialismo e a democracia. Porque é a forza política na que se organizan miles de galegas e galegos no camiño da súa emancipación nacional e social. E sobre todo porque é a proba evidente de que aínda hai esperanza e de que hai alternativa

 
A carballeira de San Xusto PDF Imprimir Enviar
Valoración dos usuarios: / 12
PobreO mellor 
Cousas nosas - Cousas nosas
Escrito por Administrator   
Venres 25 de Xuño de 2010 10:11

aviles_taramancos

 

Desde que o mundo é mundo, desde que o primeiro home galego puxo pé neste recinto sagro, a Carballeira foi un ámbito de liberdade, de convivéncia, de ben común. Por aquí pasaba o lobo e os seus ollos volvian-se  mansos ao chegar ao seu fogar. Aquí o druída coroaba de flores ventureiras a todos os que tiñan o corazón puro e oferecian o mel e o leite ao deus Endovel, que governaba os astro e dábanos o sol e a chuvia das colleitas.

Agora as forzas de escura vestimenta, roubadores perpétuos da fé e da concórdia, que fixeron e fan comungar ao noso povo con rodas de muiño, que percuran o brillo do ouro e non o brillo da luz, que salmodian “ et lux perpétua, luceat eis”, cando xa non hai nada que facer, queren pór marcos á historia e facer- se donos do que foi sempre aberto e comunal. Crucificarían outra vez ao seu Deus por un ferrado de terra. O sen evanxeo é o evanxeo da ambición, do poder, da “cruzada” na que bendiciron as armas asasinas.

Eu veño aqui a convocar- vos, pois, en nome dos antergos, dos devanceiros, dos presentes e dos que han vir, porque a Carballeira é a eséncia da pátria. A carballeira é o símbolo da Galiza por redimir e temos que erguer outra vez a fouce e o espíritu para conquerir o que nos pertence.

Árvores hai que son como alicerces ou colunas nas que se sostén o país.

O castiñeiro e a nogueira foron as nosas árvores do pan e deron- nos de comer durante séculos. A faía e o freixo deron os eixos e os chedeiros dos nosos carros de bois que tamén foron símbolo do noso ser lábrego e traballador. A pereira, a cerdeira, o pexegueiro, a ameixeira e a maceira, deron- nos e están aínda a dar os seus froitos refrescantes nos dias de verán. Moitos de vós levades o seu nome como apelido e signo de familia. Aquí estades os Pereira, os Carballo, os Nogueira, os Teixeiro, os Piñeiro. Está tamen o Carrabouxo.

Do que estou seguro, como dicia o irmán portugués, é que aqui non hai ninguén que se chame o Sr. Eucalipto.

Por iso hoxe o carballo é máis sagrado ainda, pois así como colonizaron a mente do noso povo e queren facer de nós seres híbridos, bilíngües ou mestizos de miolos, asi tamén queren enxermar os noso montes de espécies forasteiras, no propósito de nos deixar o cheiro das celulosas, levar a materia prima e vender- nos despois o produto rematado na simbiose perfeita do que é o capital explotador e o povo inerme expoliado.

A igrexa escureceu despois de que saiu das catacumbas. Todo o que antes estaba claro, todo o que era unha rebelión de amor contra do establecido, volveu- se despois, ao arrombarse no sólio do poder, igrexa dominadora e dogma escravizante. O que no principio foi de man común foi logo monopólio da xerarquia. E agora terreo escriturado na falsedade e no delito. Confundiron a grei inocente do evanxeo cun rebaño sumiso ao seu mandar e fixeron- se señores de forca e coitelo- con dereito de pernada- e expedidores de certificados de boa conduta dos demais cando a sua era de salteadores de honras e proveito, debendo ser as mans puras que consagran o pan.

Estamos a vivir os coletazos da Lóxia- P2, da Banca Ambrosian e Monseñor Marcinkus coas suas implicacións entre a Camorra, a Máfia e Ruíz Mateos, e a Igrexa volta polos seus foros, polo seu poder inquisitorial e dalle mil voltas a taravela para recaudar fondos ainda que sexan da rapiña. Esta a pasar en Camariñas, esta a pasar en outros lares…e pasa aqui na Carballeira de San Xusto, que é como diciamos, unha peza fundamental do sentimento da nosa terra e da nosa pátria. Hai que estar ao axexo, como quen vive nunha cova de ladrón, para tér conta dos nosos bens e que non vaian a dar ás arcas sen fondo do Vaticano.

Esta é, pois, a loita dos fillos da luz- dos Eoas- e do povo que escoitou aos druidas e a voz dos capitáns antergos en contra da escuridade, da rapiña, e dos violadores da lei natural e cósmica.

Berremos todos forte. Que a nosa voz estale nos confíns, que faga tremer os corazóns e remova as traves do universo.

Berremos todos desde o fondo do sangue o noso berro nacional:

 

Ei Carballeira!

 

Antón Avilés de Taramancos

10- 11- 1990

 

“Obra viva”, recolle artigos de prensa, discursos, presentacións… anacos todos, arrincados da prosa de quen se deu en chamar, o poeta- cavador.

Antón Avilés, considerado coma un dos máis importante poetas galegos de tódolos tempos, naceu en Taramancos (Noia) no 1935. No 1.953, trasládase a Coruña a estudar náutica, e no ano 1960, emigra a Colombia. Regresa a Galiza en 1980. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e responsábel da Concellería de Cultura do Concello de Noia (BNG). Falece, o 22 de marzo de 1992

 
Mapa dos recortes. PDF Imprimir Enviar
Cousas nosas - Cousas nosas
Escrito por Mazaricos   
Venres 04 de Xuño de 2010 11:35

Mapa dos recortes.

Así se aplica aausteridade en Europa

mapaeuropa

O presidente da Xunta de Galiza accedeu ao Goberno co compromiso de impulsar políticas máis austeras, en aras dun maior aforro económico. Neste eido se enmarcaron decisións como a redución a dez consellarías, a rebaixa de altos cargos ou a saída a poxa dos Audis do parque móbil. Alén do debate sobre se esta preconizada austeridade é real ou non, Feijoo fixo desta promesa unha das súas bandeiras.

Na mesma liña se tivo que pronunciar, instigado polos organismos económicos internacionais, o presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero. Nos últimos días, o executivo estatal anunciou un duro plan de axuste para reducir en 15 mil millóns de euros máis o déficit público, que xa estaba previsto rebaixar en outros 50 mil até 2013. O obxectivo é pasar do actual 11,2% ao 5,3% ao remate deste plan de axuste, dentro de tres anos.

Entre as medidas promovidas por Zapatero atópanse a redución do salario dos funcionarios un 5% de media e dun 15% o do xefe do executivo e o dos seus ministros. Tamén a conxelación das pensións en 2011 ou un recorte duns seis millóns de euros en infraestruturas. A maiores, prevese a suba do IVE en dous puntos (do 16 ao 18%) e a prohibición os concellos a que pidan máis créditos a partir do inicio de 2011.

E noutros países europeos?

A galega e a española son só dúas formas de afrontar o recorte do déficit público. Velaquí as que se formulan noutros estados da zona euro:

Portugal

O goberno luso sumouse á contención salarial na clase política, que verá reducido o seu salario nun 5%, tanto os altos cargos como os políticos de base. Porén, os funcionarios non sufrirán unha rebaixa nas súas nóminas, se ben si verán conxelado o salario. Ademais, o executivo de Sócrates anunciou unha redución do persoal da Administración. Doutra banda, si hai mudanzas no sistema fiscal. O imposto da renda aumento o 1% ou o 1,5%, dependendo dos ingresos. Tamén, o IVE pasa do 20% ao 21% e créase un imposto novo ás plusvalías bursátiles do 20%. No refrente á obra pública, aprázanse aquelas non contratadas, agás o tramo de alta velocidade con Madrid. O obxectivo é reducir o déficit dende o 9,4% de decembro de 2009 até o 2,8% en 2013.

Grecia

O país máis da eurozona máis afectado pola crise financeira e o máis endebedado, aprobou a comezos de maio un drástico plan de austeridade para poder acceder a máis de 100 mil millóns de euros do fondo de rescate europeo e do FMI. As medidas do goberno afectan a todos os eidos: o salario dos funcionarios queda conxelado tres anos, a idade mínima de xubilación (até o de agora 65 anos para homes e 60 para mulleres) adaptarase ao aumento da esperanza de vida; as pensións futuras serán un 18% máis baixas e requirirán máis anos de cotización; tamén se introducen recortes nas administracións locais; e sóbense os impostos (o IVE pasa do 21% ao 23%, e as taxas dos carburantes, o alcohol e o tabaco aumentan un 10% suplementario). Ademais, impulsaranse as privatizacións de numerosas empresa públicas. O obxectivo é reducir o déficit público este ano ao 9% dende o actual 13,6%.

Italia

O goberno italiano xa anunciou que conxelará durante tres anos os salarios dos funcionarios, á vez que se paralizarán as contratacións no sector público. A rebaixa dos salarios dos altos cargos oscilará entre o 5 e o 10%; haberá un recorte de gastos do 10% nos diferentes ministerios e atrasarase seis meses o acceso á pensión dos traballadores que cumpran os requisitos este anos. Se ben aínda non se formulou ningunha suba directa dos impostos, buscaranse novos ingresos potenciando a loita contra a evasión e obrigando os propietarios dos inmobles non rexistrados a regularizalos (estímase que son uns dous millóns). O obxectivo é reducir o déficit do 5,3% previsto para este ano ao 5% en 2011.

Francia

A principal medida que estuda o goberno galo refírese á reforma das pensións. A idea é ben atrasar a idade de xubilación, actualmente nos 60 anos, ben ampliar o período mínimo de cotización. Asemade, o executivo puxo sobre a mesa un plan de conxelación do gasto público nos próximos tres anos e estabelecer impostos específicos destinados ás rendas máis altas. O obxectivo é rebaixar o déficit dende o 7% actual até o 3% en 2013.

Alemaña

O motor económico de Europa aínda non concretou oficialmente medidas de aforro no contexto do plan de axuste europeo, mais é seguro que a promesa electoral de Angela Merkel de baixar os impostos non se cumprirá. A xefa do goberno si adiantou que ningún sector escapará ao recorte” e os medios alemáns apuntan aos bancos, como causantes da crise financeira. Agárdase que se introduza unha taxa ás transaccións financeiras, mais unicamente se se aproba a nivel mundial e non unilateralmente. Con todo, o goberno rexeitou presentar unha listaxe de medidas até a xuntanza do Consello de Ministros do 7 de xuño. O déficit alemán é un dos máis baixos de Europa (3,3%), se ben este ano está previsto que suba até o 5%.

Reino Unido

O novo goberno de conservadores e liberais xa anunciou que aplicará un plan de recortes do gasto público para reducir nuns 7.125 millóns de euros o déficit do país, que supón o 12%. Alén da decisión do conservador David Cameron de rebaixar o salario un 5% aos seus ministros, as áreas máis afectadas serán as de informática do goberno, viaxes dos funcionarios públicos, axudas financeiras para os bebés, asesores externos financiados pola administración pública, así como recortes nos ministerios de Educación, Transporte e Traballo e Pensións. Se ben o goberno británico aínda non o confirmou, algúns medios como The Sunday Times xa adiantaron que 300 mil traballadores do sector público poden perder o seu emprego nos próximos anos como consecuencia destas medidas. Será o próximo 22 de xuño cando se anuncie o alcance destes recortes e cando se presente un orzamento de emerxencia do novo goberno.

Outros países

Outros Estados asumiron outras medidas aínda máis restritivas. É o caso de Irlanda ou Romanía. No primeiro xa se anunciou unha rebaixa de até o 15% do salario dos funcionarios, a redución dos cadros de persoal e a paralización das inversións en infraestruturas. Mentres, o goberno de Romanía, na Unión Europea dende 2007, xa anunciou a rebaixa do 25% no salario dos cargos públicos. Tamén decidiu reducir as pensións de xubilación un 15% a partir do 1 de xuño.

 
COMO GASTA O PP OS CARTOS DOS VECIÑOS DE MAZARICOS PDF Imprimir Enviar
Política - Política municipal
Escrito por Mazaricos   
Martes 18 de Maio de 2010 12:33

  

COMO GASTA O PP OS CARTOS DOS VECIÑOS DE MAZARICOS

orzamentos

 
Banco de terras PDF Imprimir Enviar
Agricultura - Agricultura
Escrito por Mazaricos   
Martes 27 de Abril de 2010 23:08

 

LONGA VIDA AO BANCO DE TERRAS

bancoterras

Pica na foto para descargar artigo.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Enquisas de MZ

Na festa da FERVENZA do 2.010, as contas dos gastos e ingresos do Concello serán:
 

Sindicación

feed-image Noticias de MZ

No foro

Máis...

Fotos

arco

Fai anos

Ata pudrir...
 
  Design by augs-burg.de & go-vista.de  
 
     
 
   
Design by go-vista.de and augs-burg.de