Política - Política municipal

O PP non tivo a maioría dos votos en Mazaricos

As opcións distintas do PP obtiveron case 200 votos mais que o PP nas eleccións municipais. Sen embargo o sistema legal de reparto dos concelleiros dálle a maioría.

COMPARATIVA VOTACION MUNICIPAIS EN MAZARICOS 2.007 - 2.011

  2007 2011 diferencia conselleiros
PP 1918 1547 -371 6
BNG 999 824 -175 3
PSOE 269 174 -195 0
PIMAZ 0 742 - 2
BLANCOS/NULOS 29 21 -8  
TOTAIS 3315 3308 -7  
 
Política - O noso desgoberno

dibujoart

 
Política - Municipales 2011
 
Política - Municipales 2011

COMO VOTAR POR CORREO OS RESIDENTES NO ESTADO ESPAÑOL

Todas e todos os que na data de votación non esteades na localidade na que vos corresponde votar (por exames, traballo, enfermidade...) poderedes solicitar o voto por correo:

  1. Ata o 12 de maio, vai a calquera oficina de correos co Documento de Identidade, e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques será a onde che envíen toda a documentación.
  2. Do 2 de maio ao 15 de maio, remitiranche a documentación para poder votar ao enderezo que indicaches (folla explicativa de todo o proceso, certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral e enderezo da mesa onde che corresponde votar)
  3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre diferente co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo.
  4. Ata o 18 de maio  tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente, para que o día 22, día das eleccións, poida estar na túa mesa electoral.

 

VOTO POR CORREO RESIDENTES FÓRA DO ESTADO ESPAÑOL

 

Aquelas persoas que residan temporalmente fóra do Estado Español (pero teñen residencia permanente e empadroamento en Galicia) e teñan previsto estar nesta situación o día da votación (22 de maio) poderán votar por correo (lembrade que os residentes ausentes -aqueles que teñen a nacionalidade pero residen permanentemente fóra do Estado- non teñen dereito ao voto nas eleccións municipais).

  1. Ata o 22 de abril, vai a calquera oficina consular co Documento de Identidade, e solicita o voto por correo. O enderezo que indiques será ao que che envíen a documentación.
  2. Ata o 29 de abril, remitiranche a documentación para poder votar ao enderezo que indicaches (certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso)
  3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo.
  4. Ata o 18 de maio  tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente á túa mesa electoral.
 
Política - O noso desgoberno

Enlace:

 

cabecera_2011

 
Enquisas de MZ
Coas imputacións do Xuíz a Maneiro e o Tenente Alcalde, pensas que terán cara a presentarse como candidatos nas vindeiras eleccións municipais.
 
Sindicación
No foro
Máis...
Fotos
anxo Santa Baia

Anos 20

ruina Santa Eulalia